Friday 29 de March de 2024

Unha vintena de veciños e veciñas de Lousame aprenden consellos para facer un bo uso dos videoxogos e de Internet


Unha vintena de veciños e veciñas de Lousame, tanto pais e nais como fillos e fillas, participaron na tarde de onte no obradoiro familiar “A que xogas?”, organizado polo Concello de Lousame en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “o obxectivo era que tanto adultos como crianzas reflexionaran sobro o uso que fan hoxe en día da Internet e dos videoxogos e, a través da posta en común de experiencias, puideran acadar un punto de entendemento para facer un uso responsable dese tempo de ocio”.

“A que xogas?” estivo dirixido a familias e alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. De carácter gratuíto, está incluído no “Programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero”, que conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade e da Vicepresidencia do Goberno.